PONTESAMPAIO

Datos de contacto


PRESIDENTE/A  José Cal 


DIRECCION POSTAL  36690

DIRECCION CORREO ELECTRONICO  cmontessantamariaps@hotmail.com


SUPERFICIE  472,03 ha

Nº DE COMUNEROS 410


O monte veciñal de Ponte Sampaio é un dos de maior tamaño de Pontevedra. Esténdese no límite sur do termo municipal, e é o único do concello orientado cara a Ría de Vigo e o val do Verdugo. Ao igual que o resto dos montes do termo municipal contén un importante patrimonio arqueolóxico: o Castro do Sixto e o conxunto de petróglifos e mámoas de Chan da Cruz. Ademais atravesan o monte o Camiño de Santiago, o Sendeiro de longo percorrido Entre rías (PR – 48) e un roteiro patrimonial pola parroquia Roteiro Ponte Sampaio ) que percorre diferentes fitos etnográficos da parroquia. 

O monte foi clasificado como veciñal en man común no ano 1981 e a comunidade de montes na actualidade está formada por 433 veciños e veciñas dos que 49 son mulleres. 

O monte veciñal distribúese en diferentes parcelas que se clasifican en montes altos e montes baixos. Os primeiros son os de maior extensión e situados no límite do termo parroquial, chegando ata o cumio dos montes (Landeira, Costa e outros”, ”Ameán”); os montes baixos (“Pedra Forna”, ”Cavada Vella” e “Chanciña”, Rañadoiro, O Castro) mestúranse entre as propiedades particulares da parroquia.  

A parroquia de Ponte Sampaio foi unha das máis afectadas pola vaga de lumes do ano 2006 ardendo a práctica totalidade do monte veciñal. A súa recuperación é moi lenta e está condicionada pola proliferación de especies invasoras como eucaliptos e acacias que cómpre controlar. Ao igual que no caso do monte de Ponte Sampaio, a súa xestión é realizada polo Distrito Forestal XIX dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.