Árbore senlleira.

Sobreira de gran porte situada na parte traseira da Casa da Cultura do Salgueiral. Os vellos lémbranse dela dende sempre. Descoñécense datos precisos sobre a súa idade ou plantación.

 

Monte veciñal do Salgueiral.

Bosquete singular realizado por escolares de Pontevedra nun proxecto de integración da discapacidade no medio natural. Conviven faias, teixos, arces, cerdeiras e outras especies non frecuentes no noso entorno.

Restauración ambiental dun ecosistema fluvial na parcela de Rio Lobada e Fens no monte veciñal de Santa María de Xeve que discurre paralela ao Río Verducido, Pódese percorrer mediante un sendeiro  este espazo fluvial de alto valor ecolóxico e o patrimonio cultural e etnográfico da parroquia vinculado á cultura da auga: os muíños de Fens e Rañadiña, lavadoiros e fontes,  O espazo está acondicionado con pistas deportivas e equipamentos para ximnasia de maiores, paseo e descanso. Conta cun amplo aparcadoiro.

Monte veciñal de Marcón.

Penedo de forma singular coñecido como Outeiro do Navío situado no cumio da Fracha.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto