A Mancomunidade de Montes de Pontevedra

A Mancomunidade de Montes Veciñais de Pontevedra é unha entidade sen ánimo de lucro que reúne a aquelas Comunidades de Montes do termo municipal de Pontevedra que se reuniron co obxectivo de xerar unha entidade de apoio e colaboración entre elas.

A Mancomunidade ten xa un bagaxe de máis de doce anos e, neste período consolidouse como entidade de referencia e apoio para as Comunidades de Montes do termo municipal integradas nela. 

De acuerdo cos estatutos da Mancomunidade de Montes Vecinales en Mano Común de Pontevedra, aprobados en asemblea constituínte na data do 7 de novembro de 1999, o obxectivo fundamental é a “defensa e mellora dos montes veciñais en man común da zona de Pontevedra nos ámbitos económico, social, cultural e ecolóxico”, estando tamén entre os obxectivos “a promoción de plans de desenvolvemento integral dos montes veciñais integrados”.

No ano 2011 realizouse unha modificación de Estatutos da Mancomunidade ratificando a súa condición de entidade sen ánimo de lucro e ampliando os seus obxectivos cara finalidades sociais e ambientais, deixando de lado os intereses económicos polos que velará cada unha das comunidades de montes de xeito individual. 

Nesta modificación de estatutos se recoñecen tamén como obxectivos da entidade, entre outros, os seguintes: 

  • Calquera outra actuación no ámbito público ou privado que, dentro do campo de actuación das comunidades de montes asociadas na Mancomunidade, poida resultar beneficiosa para o cumprimento dos sus fins e defensa dos seus intereses.
  • Concienciar á poboación da necesidade de protexer o medio ambiente e tomar parte activa neste campo, mediante actividades orixinais e innovadoras.

Os Estatutos da Mancomunidade recoñecen como ámbito natural de actuación o municipio de Pontevedra aínda que se deixa aberta a posibilidade de actuación nos termos municipais adxacentes cando existan razóns que así o aconsellen. Os montes de Pontevedra coinciden fisicamente coa bacía do Río Lérez, incluído na relación de Lugares de Interese Comunitario.

 

Imaxe 1
Foto: Imaxe 1

Na imaxe pode verse a distribución dos montes veciñais de Pontevedra dentro do termo municipal así como a sua relación cos Ríos Lérez e Almofrei que constituen os cauces de evacuación das suas augas. De ahí que as actuacións a desenvolver nos montes de Pontevedra teñan unha alta repercusión sobre o espazo natural protexido e, en particular, as agresións que sofren coma son os incendios forestais e a presenza de especies invasoras.

A posición xeográfica dos montes pode darse dentro dunha horquilla de coordenadas UTM: 4692750 – 4707000 e 526375 – 536000.

Os montes veciñais atopansa maioritariamente – agas parcelas de pequema entidade, na orla montañosa que constitue o perímetro do termo municipal de Pontevedra. O acceso ós montes veciñais realizase a través de diferentes estradas da rede viaria principal dende as que parten viáis que conducen ó monte como pode verse na imaxe 1.

As cotas nas parcelas dos montes veciñais sitúanse dende prácticamente o nivel do mar nas ribeiras do río Lérez no seu tramo final – Xunqueiras do Lérez e do Cobo , hoxedeclaradas Espazo Natural de Interese Local – ata as máis altas cotas do termo municipal no monte de Santa María de Xeve con 537 m. s.n.m.

Supon no seu conxunto un total de 2086,08 hectáreas de monte repartidas en parcelas de tamaño moivarible e inmersas nun mosaico de propiedades forestais particulares e en contacto cos núcleos rurais.

Imaxe 2
Foto: Imaxe 2
Imaxe 3
Foto: Imaxe 3

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto