A Mancomunidade de Montes de Pontevedra e a custodia do territorio

A Mancomunidade de Montes de Pontevedra ten entre os seus obxectivos contribuir a manter o espazo rural como un medio vivo e atractivo para vivir e traballar nel, especialmente a partir da promoción do aproveitamento dos seus recursos tanto forestais como agrarios. 

Mentres tanto, coa mira posta en atender aos espazos abandoados ou mal mantidos e os problamas que xeran mo mundo rural especialmente sensibles a lumes e proliferación de especies invasoras, a Mancomunidade de Montes decidiu constituírse como entidade de custodia do territorio. 

Se queres saber máis das entidades de custodia do territorio fai click aquí.

Con esta finalidade a Mancomunidade redactou un Plan de viabilidad e Plan de acción como entidade de custodia con especial referencia a resultados esperados que van dende acción concretas no medio ao desenvolvemento de actividades de divulgación, concienciación e difusión de boas prácticas. 

As actuacións a realizar teñen como finalidade o aproveitamento dos recursos do medio rural dende o punto de vista da sostibilidade e a xestión forestal sostible considerando que será un punto de partida para a restauración ambiental do territorio e invertir a tendencia de abandono do medio rural así como dirixir aos que volven ao medio rural en medio da crise económica, cara unha correcta xestión dos recursos ambientais, agrícolas e forestais. 

Este obxectivo final vaise lograr a través dos siguientes obxectivos operativos: 

 

  • Creación dunha entidade de custodia do territorio no térmo municipal de Pontevedra.
    Consulta aquí o Plan de acción da Mancomunidade como entidade de custodia (ver plan de acción)
  • Realizar medidas divulgativas e formativas dirixidas a comuneir@s e propietari@s forestais, encamiñadas á mellora da xestión baseada en definir como método para a maximización dos obxectivos económicos a multifuncionalidade, o que permitirá combinar usos e o aproveitamento de recursos diversos e polo tanto redundará nunha mellor conservación da biodiversidade no medio forestal.
  • Realización de actividades de restauración ambiental en diversas parcelas do termo municipal de Pontevedra para iniciar a campaña de actividades de control de invasoras. 

 

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto