Comunidade de montes de Santa María de Xeve

Os montes veciñais de Santa María de Xeve foron clasificados polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común entre os anos 1981 e 1987. Porén a súa definición non está pechada xa que os traballos sobre os seus límites encargados pola Comunidade de Montes amosan que aínda quedan treitos pendentes de aclarar cos extremeiros. 

Na actualidade, o monte veciñal de Santa María de Xeve ten unha superficie recoñecida de ha. repartidas en varias parcelas: Campo Outeiro, Gatomorto, Igrexa, Río Lobada e Fens, Frieiro ... Aínda hoxe quedan varias parcelas pendentes de clasificación que son reclamadas pola Comunidade de Montes quen solicitou á Consellería do Medio Rural a revisión da súa clasificación.  

No monte veciñal de Santa María de Xeve atópase un petroglifo na parcela de Gatomorto. Trátase dun petróglifo da Idade de Bronce de combinacións circulares e cazoletas. Existe ademais unha ponte catalogada no lugar de Couso que tamén xera ao seu redor un área  de protección. Mais se por algo destaca a parroquia e os seus montes e pola súa magnífica paisaxe agraria tradicional. 

No monte veciñal teñen cabida diferentes equipamentos de uso público como o campo de fútbol de Gatomorto ou a Casa da Cultura de Santa María de Xeve.  

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto