Comunidade de montes de Tomeza

O monte veciñal de Tomeza está formado polas parcelas de Monte Loureda, San Cibrán e Monte Carrasco cunha superficie total que non chega a 73 ha. Hai outras pequenas parcelas que aínda non teñen sido obxecto de clasificación polo Xurado de Montes. 

O monte Loureda é a parcela máis grande do monte veciñal. Esténdese na Serra da Fracha, entre as comunidades de Montes de Marcón e Canivouva e sobe dende os núcleos rurais de Tomeza cara o cumio da Fracha cunhas vistas magníficas da ría e cidade de Pontevedra. 

No Monte de San Cibrán atópase a Capela do mesmo nome, lugar tradicional de romarías, moi frecuentado polos pontevedreses.

A máis pequena das parcelas e a do Monte Carrasco que se estende a continuación da do mesmo nome do Monte veciñal de Marcón dedicada a equipamentos públicos como campo de fútbol e colexio. Porén a de Tomeza ten un uso claramente forestal. 

Un gran incendio forestal afectou ao monte veciñal no ano 2006 e a súa restauración realizouse grazas ao programa MONTE VIVO do Concello de Pontevedra que permitiu a introdución no monte de especies de frondosas caducifolias que melloran notablemente o seu estado forestal e natural.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto