Comunidade de montes de Santo André de Xeve

O monte veciñal de Santo André de Xeve foi clasificado polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común entre os anos 1981 e 2008. Porén a súa definición non está pechada xa que existen aínda reclamacións de propiedade respecto de parcelas e lindeiros xa que o monte clasificado non está deslindado. 

Na actualidade, o monte veciñal de Santo André de Xeve ten unha superficie recoñecida de 421,92 ha. repartidas en varias parcelas. 

No monte veciñal de Santo André de Xeve atópanse importantes xacementos arqueolóxicos: O Castro do Monte da Torre, as mámoas de Barburiña existentes en Sobral e a necrópole de Santa Cruz. Ademais o monte veciñal de Santo André conta con unha circunstancia moi especial que é a situación de varias das súas parcelas no LIC Río Lérez. 

O monte veciñal da cabida tamén a diversos equipamentos de uso público coma o Teleclub, o local social da Comunidade de montes, o aparcamento próximo á igrexa parroquial e varios sendeiros que conectan os diferentes lugares da parroquia permitindo o tránsito peonil. 

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto