Comunidade de montes de Salcedo

Os montes veciñais de Salcedo foron clasificados como tales en varias etapas, e salientable a loita dos veciños da parroquia para a recuperación do seu monte.  A primeira clasificación como Monte Veciñal en Man Común a realizou o Xurado Provincial o 4 de maio do 1982. Nesta clasificación foi excluída a parcela do Común de San Martín, que era aproveitada polo Exército dende 1898, xa que foi doado polo Concello de Pontevedra. No 1982 foron clasificados como como Monte Veciñal en Man Común de Salcedo, as parcelas de Matalobos, Castro, As Croas, Caeiro, Monte Armada e Pardecelas  cunha cabida total de 18,7 ha. Os veciños presentaron inmediatamente un recurso no que se solicitaba a clasificación de 179 ha. no monte San Martiño, recurso que foi desestimado polo Xurado Provincial.

No ano 1992 se clasificaron dúas sesións independentes, as parcelas de Esculca e a Costa de 4,89 ha. e 0,816 ha. respectivamente.En outubro do ano 2010 se inicia un proceso de reclamación por vía xudicial do Común de San Martín ocupado por Defensa (Base Xeneral Morillo) con unha superficie de 32,5935 ha. (zona de infraestruturas da Base) e 139,9162 HA. (zona campo de manobras militares). O 20 de setembro de 2011 o xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Pontevedra dita sentencia favorable os comuneiros. O 21 de decembro de 2012 a Audiencia de Pontevedra  declara sentencia firme por auto a favor da Comunidade de Montes. Finalmente o 16 de xullo de 2014 se firma un convenio entre a Comunidade de Montes e o Ministerio de Defensa onde previo pago de un canon anual, a Comunidade cede o uso de 71,33 ha a Defensa para o mantemento da Base Militar no actual asentamento.

A comunidade de montes de Salcedo esta traballando nun proxecto integral de recuperación e posta en valor de todas parcelas comunais, facendo  que seu uso e aproveitamento  sexa o máis sostible e multifuncional posible.

O patrimonio arqueolóxico do noso monte esta considerado o máis importante do Concello de Pontevedra, de aí o esforzo realizado conxuntamente cas comunidades de Lourizán e San Xulián para executar  un dos o  proxectos máis importantes o de “Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños” inaugurado o sete de xuño de 2014.

Outro proxecto importante realizado pola Comunidade, foi a de levar a cabo a “Memoria Técnica de Deslinde” de todas parcelas comunais, axustando as superficies a realidade que permiten as novas tecnoloxías e colocando os marcos correspondentes de forma que se garante a identificación do terreo comunal.

A cesión por parte da Comunidade o Concello de unha superficie de 2700 m2 de terreo no centro da parroquia para a costrucción de un centro social de 650 m2  con un escenario con capacidade para dar un concerto unha banda de música de 80 membros foi outro gran proxecto  potenciado pola Comunidade e inaugurado o 17 de outubro de 2014.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto