Comunidade de montes de Castro Lampán (Bora)

Constituída no ano 1987 para a defensa e xestión do Monte veciñal en Man Común de Castro Lampán clasificado como tal por resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de 13 de xaneiro de 1987.

O monte veciñal ten unha superficie de 17,78 ha. reais repartidas nas dúas parcelas clasificadas: Igrexa e Castro. Existe outras pequenas superficies pendentes de clasificación.  

O monte foi repoboado con axudas da Unión Europea no ano 1995 principalmente con castiñeiros, carballos e carballos americanos e tamén piñeiros. 

Como infraestrutura de ocio, destaca o Campo da Festa situado en terreo comunal preto da Igrexa.  A parcela do Monte do Castro, está atravesada polo sendeiro de corto percorrido Entrerrías  que chega a cidade de  Pontevedra dende Ponte Sampaio e que pasa polos Montes da Fracha, baixa a Cardosa e percorre o Monte Castro Lampán e Xanín. Dende O Corval se accede ao sendeiro polo camiño histórico  Camiño Vello de Pontevedra. 

A proximidade de patrimonio arqueolóxico notable e o feito de que está atravesado polo sendeiro de corto percorrido ENTRERRÍAS fai del unha zona óptima para o uso recreativo e a práctica de deportes na natureza. 

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto