Os montes veciñais en man común son un sinal de identidade propia da cultura do noso país que mantense no tempo grazas as vontades de moitas galegas e galegos que cada día manteñen vivas as comunidades de montes.
Na Mancomunidade de Montes de Pontevedra queremos que os nosos montes ademais de seren un patrimonio da parroquia contribúan ao benestar de toda a cidadanía a través dos beneficios económicos, sociais e ambientais que xeran.
Nesta páxina poderás coñecer as actividades que organizan tanto a Mancomunidade como cada unha das Comunidades de Montes que a forman.
Proxectos como o de custodia do territorio que iniciou a Mancomunidade no ano 2015 teñen o seu enlace permanente coa cidadanía nesta páxina na que iremos colgando as actuacións que se realizan para a mellora ambiental dos montes de Pontevedra.
As comuneiras e os comuneiros poderán ter acceso aos documentos de xestión da Mancomunidade e da súa Comunidade de Montes: os seus estatutos, actas de reunión e todos aqueles que as Xuntas Reitoras queiran compartir e debater no seo da Comunidade.
Fai as túas suxestións, comparte as túas iniciativas, indícanos os teus lugares favoritos e colga as túas fotos na web e, entre todos, faremos un rural máis dinámico e participativo, ao gusto dos que vivimos nel.